O alumnado de 1ºESO participou na campaña impulsada pola Consellería do Mar da Xunta de Galicia “Galicia sabe a mar”, que ten como obxectivo divulgar entre a xuventude o mellor sabor das rías galegas e da nosa costa, e os beneficios para a saúde que hai detrás deste consumo. Aproveitouse para repasar vocabulario dos alimentos e para introducir novo vocabulario sobre as tapas que degustaron grazas a esta actividade.


